Cargando...
Home2023-03-18T20:21:23+01:00

A CASA DO ESQUECEMENTO

Pedra e Madeira, os piares da construción Galega están na nosa Taberna.

A Taberna O Lagar en Eiras abriuse en Xuño do 1988, na Adega e Cortes dunha antiga casa de Labregos (1800), a casa de María da Morghada e do Tío Francisco.

Queriamos darlle valor ás pedras, e recuperar a casa do esquecemento na que estaba sumida. Pedra e Madeira, os piares da construción Galega están na nosa Taberna. E tamén están os piares da súa cociña, a calidade da súa materia prima, e que brille naturalmente, sen enmascarala. Nesta antiga casa de Labregos, coa despensa chea de todo o bo que nos rodea, plantámonos case que no cuarto de século. Tempo de moito aprender, e de tentar que cando alguén peta na nosa porta, quede con ganas de volver a facelo, pois para nos non hai mellor propina que a cara dunha persoa satisfeita.

Cargando...

A NOSA COCIÑA

Cociña estacional, productos ecolóxicos e unha pequena horta.

A nosa Cociña é estacional, na que podes atopar, Cogomelos silvestres, Peixes e algún Marisco da Guarda, Carnes como a Cachena, o Porco Celta ou o Galo de Mos. Tamén temos inquietude por traballar produtos ecolóxicos/biolóxicos, e ata nos atrevemos con unha pequena horta.

Cargando...

RESERVAS

Podes facer a túa reserva dende esta mesma paxina dende o enlace que tes mesmo debaixo, ou no teléfono +34 986 620 053

A capacidade que temos en canto a grupos e de trinta persoas como máximo. Contacta con nós para ver as posibilidades

O NOSO BLOG

GALERÍA

Ir a Arriba