A CASA DO ESQUECEMENTO

Pedra e Madeira, os piares da construción Galega están na nosa Taberna.

A Taberna O Lagar en Eiras abriuse en Xuño do 1988, na Adega e Cortes dunha antiga casa de Labregos (1800), a casa de María da Morghada e do Tío Francisco.

Co paso dos anos a casa quedou sumida no esquecemento, asi que no 1987 comezamos a traballar en recuperar e lucir a alma desta casa Galega. Pedra e Madeira, os piares da construción Galega están na nosa Taberna. Tamén están os piares da súa cociña, e a calidade da súa materia prima, que tentamos que brille naturalmente, sen enmascarala.

Nesta antiga casa de Labregos, coa despensa chea de todo o bo que nos rodea, e preto xa dos corenta anos abertos, tempo de moito aprender, e de seguir aprendendo, o que tentamos onte e hoxe é que cando alguén peta na nosa porta, quede con ganas de volver a facelo, pois para nos non hai mellor propina que a cara dunha persoa satisfeita

.

Cargando...

A NOSA COCIÑA

Cociña estacional, productos ecolóxicos e unha pequena horta.

A nosa Cociña é estacional, na que podes atopar, Cogomelos silvestres, Peixes e algún Marisco da Guarda, Carnes como a Cachena, o Porco Celta ou o Galo de Mos. Tamén temos inquietude por traballar produtos ecolóxicos/biolóxicos, e ata nos atrevemos con unha pequena horta.

Cargando...

RESERVAS

Fai a túa reserva dende esta mesma paxina. Ímosche pedir unha pequena fianza por comensal, medida que tivemos que tomar logo de reiteradas incidencias con reservas que non se presentaban. Para grupos de mais de seis persoas traballamos só con menú previo, se estas interesad@ podes enviar un correo reservas@lagareiras.com E a nese mesmo correo podes contactar se tes calquera problema ou comentario

A capacidade que temos en canto a grupos e de vinte persoas como máximo. Contacta con nós para ver as posibilidades

GALERÍA