O Outono Inverno xa esta aquí!

Xa sabemos que son moitas as persoas que non gustan deste tempo, pois é tempo de chuvia, vento e frío, de días desapracibles curtos e escuros. Pero tamén se pode ver dende o lado positivo, as arbores que nos agasallan con efémeras e fermosas cores, o pequeno mundo dos cogomelos a cada cal mais curioso, as mañás de xeada, frías coma demos pero cunhas estampas únicas, os paseos polo bosque que co despertar do día mesturan raios de sol e néboa, ou a sensación de pasear baixo a auga e chegar a casa, unha ducha e logo relaxarse o carón do lume!

E na cociña os aromas xa indican que comenzou a tempada de castañas, de cogomelos, de reconfortantes sopas e caldos, de cocidos, e ata de viño novo! E así a nosa carta varía e colle as cores da estación, pois non hai nada mellor que tomar os produtos no seu momento.

Xa temos a cheminea prendida, a cociña en marcha e a mesa posta, cantos dicías que ides ser? Agardámoste!