Non aceptamos que se nos acuse de enganar!

Non aceptamos que se nos acuse de enganar!

Sempre estamos atentos o que nos dicides, ben sexa na taberna, nas redes ou nas plataformas de opinión. Hoxe lemos unha opinión onde se nos acusa de dar “gato por liebre”. Aceptamos que o que facemos non guste a todo o mundo, aceptamos e recoñecemos que as veces cometemos erros polos que pedimos desculpas sinceras pois tratamos facelo o mellor que sabemos, non entramos a discutir se a alguén lle parece caro ou escaso, pois respectamos a súa opinión aínda que estemos en desacordo. O que non aceptamos é que se nos acuse de enganar, nunca o facemos aínda que iso teña consecuencias negativas para nós, sobre todo económicas. Se dicimos que é Porco Celta é que é Porco Celta! Se dicimos que é Galo de Mos é que é Galo de Mos! se dicimos que é Cachena é que é Cachena! se dicimos que son Zamburiñas é que son Zamburiñas non Volandeiras, e cando son Volandeiras así as ofrecemos, e así con calquera produto! Por certo non temos problema en ensinar as correspondentes facturas de compra se fixera falta.
A hostalería somos uns dos oficios que máis sufrimos a “mala baba” de algunhas persoas, afortunadamente poucas, pero suficientes para indignarse con opinións vertidas dende a ignorancia, o resentimento, ou outras causas que descoñecemos. Non sabemos o porqué se utiliza a hostalería, pero non somos o sitio onde eliminar a súa “mala baba” seguro que existe a profesional adecuada para que esas persoas se libren de tal problema.
Nos a pesar de eses atrancos continuaremos apoiando a eses produtores de razas autóctonas, horta ecolóxica, produtores de proximidade ou de “lonxe” pero que apostan como nos pola calidade e singularidade.
Agradecer finalmente a maioría, por que sodes a maioría, moitas veces silenciosa nesas plataformas, o voso apoio que directamente nos facedes chegar.
Desculpade pero esta ultima afronta non a podiamos deixar sen contestación. Continuamos traballando!

2019-04-10T19:40:05+00:00

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies