🐾 Cans benvidos
Queremos que tanto as persoas que veñen co seu can como as que non o traen disfruten dunha boa experiencia no local. Por iso pedimos que se respecten estas condicions.
Hixiene e estado
O can debe vir limpo e sen cheiro desagradable. Non se admiten cans mollados: o pelo húmido desprende olor que afecta á comodidade do resto de clientes, aínda que o animal estea limpo.
Idade e necesidades
Non se admiten cachorros, pois aínda non teñen desenvolta a súa continencia. En xeral recomendamos que o can faga un bo paseo antes de entrar para que teña feitas as súas necesidades.
Cadelas en celo
Non se admiten cadelas en celo, tanto por razóns hixiénicas como para evitar conflitos con outros cans que poidan estar presentes no local.
Sen comida nin auga dentro
Non se pode dar de comer nin de beber ao can dentro do local nin na terraza. Se é necesario facelo, hai que saír do recinto.
Correa en todo momento
O can debe permanecer con correa mentres estea no local e na terraza. Non se permite que ande solto polo recinto.
No chan, non no mobiliario
Os cans deben estar no chan en todo momento. Non se permite que suban a cadeiras, bancos nin ningún outro elemento do mobiliario.
Razas PPP e temperamento
Os cans de razas potencialmente perigosas deben levar bozal obrigatoriamente. Mais alén da lei, a persoa propietaria é quen mellor coñece ao seu animal: se hai dúbidas sobre o seu comportamento nun espazo con máis xente e outros cans, o máis sensato é non traelo.
Comportamento
O can debe estar educado para espazos públicos: tranquilo, sen ladrar, sen intentar achegarse a outros clientes nin ao persoal. Un can ben educado é aquel do que os demais non perciben a presenza.
Seguro de responsabilidade civil
O can debe contar cun seguro de responsabilidade civil en vigor. A persoa propietaria é responsable de calquera dano ou sucidade que o animal cause no local.
Avisar na reserva
É imprescindible indicar na reserva que se vai acudir co can. O aforo para animais é limitado, e organizamos a distribución das mesas para que a experiencia sexa boa para todos: tanto para as persoas que veñen co seu can como para as que prefiren non estar ao seu carón.
Reserva do dereito de admisión. O Lagar resérvase o dereito de pedir a saída do can —e se é necesario do grupo— se en calquera momento o seu comportamento non se axusta a estas condicions ou xera molestias para o resto de clientes.
