O un de Febreiro abrimos!

O un de Febreiro abrimos!

Non senta mal, nada mal o poder parar o ritmo do habitual, aínda que só sexa para descansar da rutina, aínda que só sexa para ter ganas de volver a ela.
A partir deste Venres un de Febreiro abrimos as portas, prendemos os fogóns, a cheminea, as ilusións, as ideas! E continuamos o camiño que comezamos no oitenta e oito, no mesmo sitio, coas mesmas ganas, con mais experiencias, con mais saber acumulado, pero coa certeza que aínda queda camiño por recorrer. Sodes moitas as persoas que nos acompañades dende o comezo, moitas as que nos descubristes ao longo deste tempo, i raro é o día que non chega alguén novo por primeira vez, e que se sorprende cando nos pregunta – canto tempo levades aquí? – Moitas veces o número é maior que os anos de quen pregunta, e claro sorprende. Pero entre que nos somos teimosos, e algúns de vos nos animades a selo, ata aquí chegamos con ganas de continuar. O dito este Venres volvemos! Xa sabedes, a partir do un de Febreiro pasamos lista!

Ah! xa podes reservar dende esta mesma paxina!

2019-01-30T00:23:41+00:00

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies