Logo de case un ano de sufrir esta pandemia que nos asola, e a súas consecuencias, e como parte tamén afectada, imos dar a nosa humilde opinión .
O primeiro é o noso pesar por todas esas persoas que faleceron, moitas, demasiadas! Tanto as que faleceron de forma directa pola Covid-19 como de forma indirecta por o colapso da sanidade publica. O noso sincero pésame a todas as familias afectadas.
Sentimos tamén todos aqueles negocios que tiveron que pechar por non poder aguantar as restricións impostas, sen axudas adecuadas para a súa supervivencia. Calquera día somos nos os que teremos que pechar!
En canto as medidas só podemos dicir que non as entendemos, sobre todo as que nos afectan. Non podemos entender que se nos peche dun día para outro, non sen ter perdas por compras perecedoiras. Non entendemos que sexan tantas medidas e tan variadas no tempo, pecha as once, pecha as cinco, pecha as seis, o cincuenta por cento, o trinta por cento, só fora, … . Que sucede, que o virus non traballa ó mediodía e si pola noite, ou pode que se nos utilice para parar o movemento social? O trinta por cento do local ou o cincuenta por cento, Cando é seguro? Porqué o virus esta sempre entre nos, en maior ou menor medida, pero está. Somos por tanto un lugar seguro ou non? Se lemos que só representamos o 3,5% dos contaxios porque nos fan sentir culpables? Porque sempre somos dos mais afectados nas medidas? Se non é así e somos un foco de contaxio porque non nos pechan? Non entendemos! E non pode ser que só se nos permita traballar unha quenda e só o trinta por cento, o que supón un 15% do noso traballo total, e non ter apenas axudas os afortunadas/os que as teñen. Non pode ser se queren a nosa supervivencia.
Si entendemos que non ten que ser fácil, que é moito o que descoñece, moitas as frontes que atallar. E si, supoñemos que se busca o mellor! Oxalá se consiga! Polo ben de todas/os!