A CASA DO ESQUECEMENTO
Pedra e Madeira, os piares da construción Galega están na nosa Taberna.
A Taberna O Lagar en Eiras abriuse en Xuño do 1988, na Adega e Cortes dunha antiga casa de Labregos (1800), a casa de María da Morghada e do Tío Francisco.
Queriamos darlle valor ás pedras, e recuperar a casa do esquecemento na que estaba sumida. Pedra e Madeira, os piares da construción Galega están na nosa Taberna. E tamén están os piares da súa cociña, a calidade da súa materia prima, e que brille naturalmente, sen enmascarala. Nesta antiga casa de Labregos, coa despensa chea de todo o bo que nos rodea, plantámonos case que no cuarto de século. Tempo de moito aprender, e de tentar que cando alguén peta na nosa porta, quede con ganas de volver a facelo, pois para nos non hai mellor propina que a cara dunha persoa satisfeita.
A NOSA COCIÑA
Cociña estacional, productos ecolóxicos e unha pequena horta.
A nosa Cociña é estacional, na que podes atopar, Cogomelos silvestres, Peixes e algún Marisco da Guarda, Carnes como a Cachena, o Porco Celta ou o Galo de Mos. Tamén temos inquietude por traballar produtos ecolóxicos/biolóxicos, e ata nos atrevemos con unha pequena horta.
O NOSO BLOG
A Agosto quedanlle catro dias, ou nin iso!
Cando chama Margarida sabemos que a Agosto lle quedan [...]
O un de Febreiro abrimos!
Non senta mal, nada mal o poder parar o ritmo [...]
25 ANIVERSARIO DO LAGAR
Parece que foi o outro día pero xa foi [...]