Sempre hai algo que celebrar!

Adorno de Nadal na barra de O Lagar en Eiras

Xa están aquí as últimas festas do ano! E calquera desculpa é boa para xuntarse e celebrar. Celebrar a vida mesmamente! A cea de empresa, a xuntanza polo Nadal, o xantar coa familia, o reencontro cos de sempre.

Se estades organizando as vosas ceas de empresa no Rosal ou unha xuntanza de Nadal, a nosa proposta é que o celebremos aquí, na nosa taberna. Dende 1988 estamos aquí aprendendo o oficio, e algo de experiencia xa imos tendo. O lugar, o espazo, a casa antiga, a cheminea acesa… todo xoga a favor. E, ademais, esforzámonos para que os produtos e as elaboracións estean á altura do momento.

Un cocido de Porco Celta, un menú de outono-inverno, o noso menú escolma ou o menú vegano son algunhas das propostas para acompañar a vosa xuntanza. E estamos abertos a que nos digades o que queredes, para conseguir xuntos o que buscades.

Ceas de empresa no Rosal: como reservar

Abrimos para vós calquera día da semana, de luns a domingo, para grupos de entre 8 e 20 persoas, con reserva anticipada e menú concertado.

Pecharemos o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro.

Mesa preparada xunto á cheminea de O Lagar en Eiras

Estamos a piques de pechar o ano e son datas para, máis que nunca, agasallar o espírito coa calor dos amigos e da familia.

Xa sabedes que a nosa é unha taberna pequena, con poucas mesas. Se estades pensando en celebrar con nós, non o deixedes para o último momento.

Escribídenos e falamos dos detalles:

reservas@lagareiras.com
WhatsApp: 690 017 037

Rolla de espumoso e bozal de arame sobre unha mesa de madeira de O Lagar en Eiras.