Cando chama Margarida sabemos que a Agosto lle quedan catro dias, ou nin iso! E fai uns dias chamou Margarida, fiel a súa cita do 28 de Agosto pois quere reservar mesa para a familia, os seus pais cumpren anos ese dia, os dous o mesmo día! É unha visita anual que xa non lembramos cando comezou pero xa van uns cantos anos!

Fai dous anos o 28 de Agosto cadrou en Luns, e uns dias antes recibimos a chamada de Margarida, quería reservar para ese Luns, pero era o único dia que pechamos, é en Agosto logo de seis dias de xornadas inacabables que comezan as nove da maña facendo as compras, ata as dúas da madrugada recollendo, sen parar case nin para comer, necesitamos ese descanso mais que o campo a auga de Maio! Pero Margarida dicíame que o seu pai lle facía moita ilusión vir ese dia en concreto, que non podía ser outro, e nos teimabamos en que estabamos moi cansados, certo era. Ante a negativa, Armando, o pai de Margarida quería falar comigo, quería contarme que no transcurso do ano había perdido a súa dona, xa só estaba el para o aniversario, e vir ese dia como tiña feito coa súa dona durante todos os anos anteriores era renderlle homenaxe a súa compañeira de vida. E claro iso tocoume dentro, así que falei con Encarna e decidimos que si, que ese dia abriamos só para Armando e a súa familia!

Este vai ser o segundo ano que Margarida chama para reservar seguindo a tradición dos seus pais, aínda que eles xa non poidan estar, pois ese ano que abrimos exclusivamente pare eles foi o ultimo ano que Armando puido vir, logo foi estar co súa dona Maria Margarida que o agardaba.

Só podemos dar as gracias a Margarida e a súa familia por pensar en nos nesta data todos estes anos. O que temos é un traballo, pero os traballos as veces son moito mais que traballo!

A Agosto quédanlle catro dias, ou nin iso. Imos a aproveitalos!