Máis propio dunha novela negra que da realidade, estamos vivindo a negativa experiencia dunha pandemia.
Afortunadamente respiramos un pouco mellor, e escoitar os noticieros vai deixando de dar arrepío. Cruzamos os dedos e o que faga falta para que siga así, aló menos ata que os agora bendecidos científicos nos saquen desta con un medicamento e/ou vacina.
Nos entanto, con xeito, a modiño, e tentando por cabeciña imos retomar a actividade. Así este Sábado día 5 abrimos de novo as nosas portas. Nos tomaremos as medidas hixiénicas para que todo saia ben.
E as medidas que necesitamos pola vosa parte son mascarilla salvo na mesa, facer reserva previa e o sentidiño de costume. Tede en conta que iremos un pouco máis lentos e vainos faltar adaptación.
Pero aparte de todo iso, que pode saír mal 😉 Xunt@s podemos!